lunes, 25 de junio de 2012

REINAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Temos unha BIBLIOTECA NOVA!!, con libros bonitos e interesantes. Un lugar onde podemos encontrar historias que nos fan soñar, contos para recordar, poemas para recitar...
 Cambiamos a ubicación dos ordenadores xunto cos libros de información, creamos novos espacios mais acolledores. Queríamos celebralo e preparamos unha gran festa. As nenas e nenos de E. Infantil presentaron "Os animais" de Luar na lubre.



 "O castiñeiro" recitáronno o alumnado de quinto.


 Os alumnos de sexto contaron un conto, "A herbalúa" adaptación da obra de Marilar Aleixandre.

 Os alumnos de quinto recitan e pintan "O castelo".


 Recitaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro acompañados dun vídeo fotográfico feito por eles.

 Pedro e Clara recitaron e representaron o xogo pantomímico "O varal".



Os alumnos e alumnas de quinto B representaron a obra teatral "O cogumelo".












 Para rematar, repetimos unha das actividades que mais gustou de todas as que realizamos durante o curso: apadriñar un conto.


martes, 12 de junio de 2012

Cóntame un conto

No colexio seguimos soñando e vivindo mundos marabillosos grazas aos pais e nais dos nosos alumnos.

Esta semana estivo con nós Mª José, a nai de Érica, que nos fixo soñar con "El retorno de Villarina".





Montse, a nai de Mateo, regalounos dúas novas historias " Sueños de nieve" e "El osito de peluche va a la granja" .


jueves, 7 de junio de 2012

lunes, 4 de junio de 2012

Cóntame un conto

O curso está rematando  e seguimos gozando da lectura. Os nosos pais e nais continúan  facéndonos pasalo moi  ben coas súas lecturas. Esta semana acompañáronnos:


Vanesa, a nai de Pablo, sorprendeunos co libro "Dinosaurios" e "Teo en el pozo".


 Estela, a nai de David, tróuxonos un libro troquelado de animais moi bonito.


 María e Brais fixéronnos soñar cando nos contaron este libro tan marabilloso "¿ No duermes osito?.

Cóntame un conto

Os nenos e nenas do noso colexio teñen moita sorte, pois seguen recibindo a visita das súas nais, país... para contarlles un conto. Esta semana estiveron con nós:

Ana, a nai de Sofía, que nos contou "Los tres cerditos"


Lorena, a nai de Elba, contounos un libro moi emocionante "El rey León".
 

  

Noelia, a nai de Tania,  contounos dous contos, un conto de Nouky e outro de Winnie de Pooh.  


Sonia, a nai de Alex, sorprendeunos cunha nova versión de "O soldadiño de chumbo".


 "La pequeña oruga glotona", ese libro precioso, contóunolo Laura axudada polo seu fillo Diego.