viernes, 27 de septiembre de 2013

A LEDICIA DE BIBLIOMISTOS

Benvidos ao novo curso.
Esperamos que sexa un curso cheo de novas lecturas e que aprendamos e disfrutemos moito.
Sabedes o que pasou o outro día na biblioteca?
Non? Conteréivolo.
Estaba Elena, a nova mestra da escola, na biblio, e escoitou un ruído moi raro. Empezou a buscar polos ordenadores, mesas, andeis, e non vía nada. Ao pouco rato volveu a escoitar.

ZZZZZZZZZZ

De pronto deuse conta do que pasaba. ¡Era Bibliomistos! ¡Estaba falando!, ¡Entendíao! 
Contoulle que durante as vacacións sentiuse moi só, que acordábase moito dos nenos. Dando voltas pola biblioteca descubriu un andel que nunca vira, estaba cheo duns libros con moitos debuxos pero nos que os debuxos falaban.Que divertidos!
Xa adiviñaches de que libros falaba? A que sí?
Coñecedes a Superman, Mafalda, Marcopola, Spirou...???
Bibliomistos invítavos a que os coñezades.