martes, 30 de septiembre de 2014

Benvidos ao novo curso

Remataron as vacacións e xa estamos aquí de novo. Comezamos un novo curso e un novo proxecto.
Este ano queremos aprender moitas cousas novas utilizando O MÉTODO CIENTÍFICO.
Mamás, papás ides axudarnos?
Este ano, ademais de que veñades a contarnos contos ao colexio, queremos que tamén veñades a ensinarnos pequenos experimentos para que nos axudedes a converternos nuns verdadeiros científicos


A partir do día 1 de outubro, a Biblioteca xa estará aberta tanto nos recreos como polas tardes.
Esperámosvos