miércoles, 30 de septiembre de 2015

Comezamos un novo curso.
 Bibliomistos está desexando veros a todos vos pola biblioteca.
 Este ano comezamos cun novo proxecto: "Bibliomistos por A Coruña" Imos explorar, investigar... para coñecer moito mellor o noso barrio e a nosa cidade.

 Imos presentarvos o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.


O lema é "Biblioteca escolar, base de exploracións" e o ilustrador Fran Bueno 

 Nós tamén imos explorar, comezaremos cunha visita á biblioteca, exploraremos todos os recunchos ata que a coñezamos como a nosa propia casa.