sábado, 12 de marzo de 2016

Os cans guías

Onte tivemos unha actividade que creou gran expectación.
 Xa sabedes que o alumnado de primeiro está traballando nun proxecto de "Animais"e hoxe visitáronnos Julio, Carmen, Manuel e o seu can guía Heroi.
Vimos un vídeo no que nos explicaron como os educan, foi moi moi interesante.



Carmen ensinounos como se move co seu bastón pola cidade e as dificultades que vai atopando. Logo tapounos os ollos e intentamos movernos co bastón. 

Que difícil!!!

Podedes velo aquí

Carmen, Julio, Manuel e sobretodo Heroi moitas grazas pola vosa paciencia na visita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario