jueves, 15 de junio de 2017

Despedida dos axudantes da biblioteca

O curso está chegando ao seu fin. Xa é tempo de recoller e preparar a biblioteca para o novo curso.
Mais antes, temos que agradecer todo o esforzo a estes rapaces e rapazas que ao longo de todo o curso, adicaron o tempo de recreo a axudar na biblioteca.




Sen vós, non se poderían facer moitas das actividades que se fixeron ao longo do curso.
Esperamos que esta actividade fose gratificante para vós e esperamos a vosa colaboración para o próximo curso.
Un agradecemento especial para  Lucia Abuín  e Lucía Alvite que colaboraron coa biblioteca durante varios cursos. Desexamosvos que continuedes gozando cos libros na nova etapa do instituto.
Grazas a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario