viernes, 13 de julio de 2012

  Estas son as palabras e o traballo de dous mestres: Gracia e Anxo. Dous mestres do colexio de Forcarei.
"Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.
Cremos na lectura como solución.
Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
Cremos na lectura como CULTURA.
E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua. Porque só defendendo ambas cousas, LINGUA E CULTURA, o noso país terá futuro de seu."