martes, 18 de junio de 2013

Axudantes da biblioteca

Queremos agradecer a estes alumnos o seu esforzo e dedicación durante todo o curso á hora de axudar voluntariamente nas labores da biblioteca. A súa entrega permitiu que este sistema funcionará moito mellor,  á par de mostrarlles unha perspectiva nova con respecto a este servizo.

 Moitas grazas

lunes, 17 de junio de 2013

La guerra del no va más

Esta maña os nenos e nenas de cuarto representaron na biblioteca "La guerra del no va más". Nesta representación fálannos do absurdas que son as guerras.
Fixérono de marabilla. Noraboa.

viernes, 14 de junio de 2013

A LÚA

Os nenos de 4º B en Educación educativa estiveron investigando, dentro do noso PDI sobre "O UNIVERSO", sobre a lúa.
Onte presentáronnos todo o seu traballo ao resto dos compañeiros.
Mirade que ben o fixeron.

A lúa -
Moi bo traballo.

Grazas

domingo, 9 de junio de 2013

A escaleira

 

Estamos todos abraiados!!!
Os nenos de Educación Infantil e as súas mestras deixáronnos totalmente impresionados.
Fixeron unha adaptación dun conto titulado "A escaleira", crearon uns personaxes novos: un percebeiro, un zoqueiro,... e montaron un vídeo precioso con eses personaxes, unha torre de Hércules e unha música impresionante.
 Que traballo tan marabilloso!!

Isabel, Manuel, Raúl e Sabela presentáronnos o vídeo. Fixádeos nas caras dos nenos.





domingo, 2 de junio de 2013

Taller literario Anxo Moure

Anxo Moure estivo connosco e presentounos o seu libro "O carballo con botas". A aula de cuarto escribimos e recordamos todos os seus consellos.
Grazas Anxo e ata pronto.

Irene

Deixovos a ligazón a unha curtametraxe  titulada Irene que quedou en primeiro lugar no Festival de Cortometrajes de la Feria del Libro, Republica Domincana 2013.
Unha nena fuxe da realidade a través da lectura.