miércoles, 13 de diciembre de 2017

GUIA DE LECTURAS PARA O NADAL

Dende o equipo de biblioteca queremos aproveitar estas datas para recomendarvos algúns títulos e novidades editoriais que vos van a encantar. Aparecen divididos por idades para que vos sexa máis sinxelo a súa busca.
                           Non esquezades engadir un libro na vosa carta aos Reis Magos!
E xa de paso...desexarvos unhas Felices festas e unha boa entrada no ano novo!

domingo, 10 de diciembre de 2017

Feira científica

Este martes 5 de decembro tivo lugar a I Feira científica do colexio, e agardamos que non sexa a última. Unha divertida forma de aprender xogando e despedirnos do mes da ciencia. Non é maxia, é ciencia! Preparados para sorprendervos!
Ti, que participaches ou a visitaches...deixa o teu comentario e dinos que che pareceu a experiencia, cal foi o momento máis divertido, que experimento che deixou abraiado, ...

Contacontos Trinketrinke en Infantil

Os ratiños de biblioteca Fuco e Lilí visitaron o noso cole! Contaronnos contos de nenos/as e contos de ratiños/as, ensinaronnos cancións, dramatizaron historias, sacaron ás nosas profes a actuar,  cantaron e bailaron con nós, e mesmo troxeron un acordeón. Que sorte tivemos!  Feliz viaxe de volta ao voso pais Lonxedetodo, ratiños!










  







Contacontos nas aulas

A hora de lectura favorece o movemento dos alumnos/as polas diferentes aulas para gozar da lectura acompañado de alumnado doutros cursos, coñecer a este e favorecer a convivencia do centro.
Deixovos fotos dalgúns destes contacontos interclases.

Manuel de 5ºA  visitou a clase de 1º B.